A mariña lucense (sobretodo os municipios mais dependentes
da factoría de Alcoa) perdeu a súa identidade.
Coa construcción da factoría de aluminio chegaron multitud
de persoas procedentes, maiormente, de
Asturias e Castela e León provocando una “colonización” dos concellos mais
dependentes da factoría.
Esta colonización provocou que a identidade galega nestes concellos sufrira un
revés considerable. Algunhas desas persoas que acudiron a estos concellos a
traballar e a gañarse a vida renegaban da cultura galega. Un exemplo moi significante é o que pasou co
galego, moitas persoas renegaban do galego (outras adoptarono coma lingua
propia e de uso común) chegando incluso a provocar un “odio” ós seus fillo cara
o galego. Non foi raro ver aos adolescentes dicir que o galego non servia para
nada ou que solo servia para suspender no instituto incluso algunas destas
persoas hoxe en dia con mais de 30 anos continúan dicindoo e so o ven como algo
que existe para aprobar ou suspender no instituto por dicilo dalgunha maneira.
Tamén é común ver como algunhas destas persoas din que en “Galicia
solo hay aldeanos y brutiños” e a pesar de nacer en Galicia, e polo tanto, sendo galegos falan mal dos galegos e de Galicia para "promocionar" o territorio do que chegaron seus pais ou avós.
Non pretendo que olviden as raíces dos seus antepasados pero tampouco hai que ser tan cínicos como para falar mal da terra que seguramente deu de comer ós teus avós, os teus pais e incluso a ti mesmo
Kevin Prieto.


