martes, 19 de noviembre de 2013

Ecosocialismo, un mero trámite.

Lin hai pouco nun blog que "para xerar debate hai que xerar controversia e contradición". Afastandome das típicas "entradas-parrafada" deste espazo e a risco de crear enemistade, pretendo con esta entrada facer un experimento e ver se opinando o contrario que nas demais entradas sobre o ecosocialismo creo ou non debate.



Se alguén quere saber que é o ecosocialismo podedes consultar o seguinte enlace : Ecosocialismo, alternativa ao desenvolvemento capitalista?

Se queredes saber a miña opinión formal e argumentada sobre o ecosocialismo e a posibilidade de este como unha alternativa ao desenvolvemento en América Latina podedes leer a seguinte reseña crítica


ECOSOCIALISMO                                                                            CAPITALISMO

- Responsabilidade social                                                         - Acumulación de capital

- Responsabilidade medioambiental                                         - Propiedade privada

- Preocupación cultural                                                             - Inversión / beneficios

                                                                                                  - Consumismo / materialismo


Esta claro que comparando un sistema con outro todos preferimos e estamos dacordo en que o ecosocialismo é o modelo máis xusto e sostible....peroooo.... O problema é o sistema ou somos nos mesmos? O problema solucionase cun cambio de sistema ou cun cambio de mentalidade primeiro? Non é certo que somos nos mesmos os que participamos nas prácticas consumistas e materialistas da "cultura" do capitalismo? Falar do ecosocialismo é polo tanto facer demagoxía? Estamos dispostos a abandoar as nosas aspiracións materialistas e consumir só o necesario para vivir? dispostos a deixar o coche? dispostos a deixar de vestir á moda? As gafas de sol á moda? Os regalos de nadal? A telebasura? Os centros comerciais? O fakebook? O wasap?...

Frank Zappa dixo unha vez unha frase sobre o comunismo que penso que é perfectamente aplicable ao ecosocialismo: "o comunismo nunca funcionará porque á xente lle encanta poseer merdas que non necesita". 

Agora tamén recordo e veñen ao caso as palabras de Tyler Durden, coprotagonista do filme "Figth Club"

Sobre o tema, recomendo ver o seguinte filme que versa sobre un futuro ficticio da humanidade sen diñeiro e sen un sistema productivista. Non é unha obra maestra pero é entretida e pode axudar a ver as cousas dende outro punto de vista. (La belle verte, 1996)



As ideas do ecosocialismo son validas e parece que serán o paso posterior ao capitalismo, pero considero que é un mero trámite para unha futura sociedade postcapitalista. A ideoloxía e o discurso político tornarán cara os principios do ecosocialismo de igual xeito que hoxe en día a palabra sostible está por todos lados, pero esto non quere dicir que as nosas aspiracións persoais e colectivas na vida cambien.
Está moi ben criticar ao capitalismo e dicir o maligno que é pero, que facemos ao respecto? Propagandear ideas ecosociais está moi ben, pero ao mesmo tempo que facemos eso espertamos cada día coa misma actitude competitiva coa que nos deitamos...chegarei o primeiro ao traballo? terei mellor nota que os meus compañeiros? fago mellor as cousas que os demais? o meu producto é competitivo? etc...

Apertas, Antón Carballo.


4 comentarios:

  1. Antón, moi interesante! a túa visión crítica existe na rede? por un lado criticas pero por outro cres que é o destino inevitable... en que te fundamentas? Moi interesante a provocación intelectural e os enlaces multimedia. Pero existe algunha experiencia no teu entorno que valga a pena destacar? ou non?
    Outra cousa, que é o ecosocialismo? é o mesmo en África que en Europa? en Galicia e en Cataluña?

    ResponderEliminar
  2. Hola Carlos.
    Basome no principio de correspondencia ("como é arriba é abaixo"). Sempre houbo relacións de dominancia na historia humana e polo tanto é fácil pensar que sempre as haberá. Sempre haberá alguén que sexa o lider, o sabio, o xefe, o encargado e por correspondencia alguén que non o sea. As relacións de poder son complicadas e incluso nunha sociedade non capitalizada nin monetarizada probablemente seguirían existindo xa que é algo casi ineherente ao ser humano e a historia esta chea de exemplo diso. O máis forte-o máis fraco, o que caza máis-o que caza menos, o faraón-os esclavos, os filósofos-os criados, o ágora-o circo, o rey-os súbditos, o pápa-os obispos, o maestro-o aprendiz, o empresario-o traballador, o profesor-os alumnos... é algo complicado de cambiar xa que a capacidade de decidir é algo tamén implícito na condición human, un sempre pode decidir oprimir a outro ou posicionarse mellor que el. Por iso a xustiza, a solidaridade, a tolerancia, a distribución, etc, nunca serán perfectas. Digo que as relacións de poder son casi ineherentes ao ser humano porque o poder sempre depende de que as circunstancias do entorno permitan exercelo (esto é algo do que xa falaba Marx).
    O problema é construir un sistema basado nas relacións de poder e que polo tanto favorece este principio de correspondencia, como é o sistema capitalista. Seremos capaces de construir unha estrutura que impida as relacións de poder? Non o sei, o capitalismo distributivo pode ser un bo intento. Non obstante e respondendo a túa pregunta, no sistema actual chegará un punto no que o que está abaixo darase conta de que existe unha inxustiza contra el e polo tanto queixarase e reivindicará os seus dereitos. O que está arriba debe darse conta de que os de abaixo poden facer forza e derrubar o seu poder e polo tanto sería o seu deber ou desexo intetar impartir xustiza ou como na actualidade, aplicar a demagoxía e a hipocresía en materia de xustiza social e mediambiental. Por este motivo creo que, non cedo pero tampouco tarde, a sociedade, cansada de que abusen dela, demandará polo ben común xustiza social e medioambiental con tanta forza que no lle quedará máis remedio ao de arriba que facer algo, aunque ese algo solo sexa vender ecoloxía por diante e quemar montes por detrás. Con isto pode parecer que o ecosocialismo non terá unha aplicación práctica e só se quedará en meras palabras dun discurso político demagóxico. Pode ser, pero nese caso polo menos as súas ideas estarán enriba da mesa e a xente poderá reflexionar sobre elas e telas en conta para o futuro desenvolvemento.

    Con isto e coa entrada, non digo que o ecosocialismo sexa obrigatoriamente o seguinte paso ao capitalismo senón que as súas principais ideas serán demandadas pola poboación con maior forza. Acaso xustiza e responsabilidade social e medioambiental non se reivindican xa hoxe en día en casi calquera manifestación? quizais non con moita forza de momento pero hai mostras delo.
    Con respecto á última pregunta, non creo que realidade práctica do ecosocialismo sexa igual en todos os lados, igual que a do capitalismo, pero o marco teórico ou idealista si que se pode dicir que é común a pesar das distintas interpretacións que se podan derivar del.
    Grazas polo comentario, aínda que estaría ben que empregaras o teu nome, xa que "desenvolvemento endóxeno" somos moitos. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ola Antón, moi interesante e longa reflexión. Parabéns pola profundidade. Pero segues a relativizalo todo. Os sistemas sociais e políticos son moi complexos. Como relacionas o futuro económicos co cambio climático? ou é sostible ou non hai futuro? non cres?
    Eu coido que a alienación social é constante na historia do ser humano. Cres que a Internet axuda a superala ou a a reforza?
    E baixando ao concreto; coñeces algunha experiencia de desenvolvemento sostible e/ou ecosocial no teu entorno inmediato que valga a pena?
    Vale, xa publico co meu nome! pero creo que vai implicito...

    ResponderEliminar
  4. Antón, me ha gustado mucho tu entrada. La verdad es que lo que planteas es interesante aunque si que tengo la duda de que el ecosocialismo sea el siguiente paso. El consenso social necesario es demasiado fuerte para un cambio de sistema tan radical. Y más si hablamos a nivel global, claro. Sin embargo, si que es muy probable que los países "occidentalizados", donde estas ideas cobran más fuerza, capten ideas del ecosocialismo y las adapten a la realidad social, política, y sobre todo económica en la que se estamos inmersos (hasta el cuello, incluso). Por mucho que nuestras ideas puedan ser en determinados casos muy radicales, a todos nos cuestan los cambios (y en este caso son abismales). Me atrevería a decir que el cambio de mentalidad necesario no depende ya de años, si no de generaciones.
    Saludos!

    ResponderEliminar