No caso de Ferrolterra, en poucos lugares podemos comprobar de maneira
tan axeitada o concepto de urbanización difusa como no Couto, controlado polas
baixas densidades edificativas (vivendas unifamiliares) e polo seu pasado rural
recente. Esta parroquia naronesa, onde viven en torno a 1000 habitantes, está
formada por varias rúas en forma de serpe que conectan o principal vial de
Narón co monasterio do Couto. Sí, tamén hai un monasterio. Pouco valorado e
pouco coñecido, pero no pasado era o máis importante da comarca de Terra de
Trasancos. Orientado ao mar, e actualmente en bo estado de conservación.
Pero
non viña a falar disto, se non da producción autóctona da zona: o pemento do
Couto. E o segundo aspecto salieñable deste conxunto. Unha producción dun
producto de calidade moi valorado no seu entorno, xa que non pican “por
intervención dun santo”, como di a lenda. A zona de producción actual repártese
pola comarca, e é moi apreciada en hostelería pola sua particular ausencia de
picor.
O seu pasado rural, que antes comentamos, segue dando coletazos en
forma de intercambios veciñais de productor agrícolas e gandeiros. Falamos en
clase de que esto é, en sentido estricto, algo ilegal, xa que plantexa
problemas de economía sumerxida pero..como arreglar isto? Parece complicado.
Estas tres particularidades definen O Couto como un lugar sen dúbida
especial. A boa calidade de vida, o silencio, a cercanía da cidade, as bonitas
vistas, a posibilidade do intercambio e da compra de productos na túa mesma rúa…
Atractivo para residentes e para futuros productores. Neste senso, outras
parroquias poderían competir có Couto, coma Sedes e Pedroso, máis tranquilas
pero sen as panorámicas que dende aquí se observan. Ademáis, a cercanía da rede
de parques e sendeiros naroneses nos permite un atractivo paseo pola ría.
O entorno rural no que nos atopamos encontra a súa complementariedad
eco entramado urbano que se expande 1 km hacía o Noreste. Ferrol e Narón
ofrecen as vantaxes da cidade a nivel comercial, industrial ou de ocio.
Se temos que destacar unha debilidade, esta é sen temor a equivocarnos
o transporte público. Se ven o bus número 7 (Faisca – Correos) chega ata as
inmediacións do Monasterio, queda lonxe de toda a avenida de Cornido, ata onde
ben poderían chegar os seus servizos. Ademáis, a liña RENFE Ferrol- Coruña pasa
moi preto pero non hai ningún apeadeiro, non gozando das vantaxes que si
ofrece, por exemplo, o FEVE.
A simbiosis campo, cidade, mar, bosque e patrimonio que nos ofrece o
Couto pódenos levar incluso a especular co patrocinio do lugar dentro dun plan
máis alto a nivel municipal ou comarcal. Esta "cidade xardín" ben merecería unha
reflexión nese senso.
Saúde!
Jorge Torres Machado.
Apuntas moi boas ideas e recursos tanxibles e intanxibles; pero como podes desenvovolver unha estratexia de desenvolvemento endóxeno? como empregarías o marketing territorial? quen pode liderar?
ResponderEliminar