A grandes rasgos FAZ Cultura e Desenvolvimento é unha Consultoría en Cultura, I+D+i en
Humanidades, Turismo e Innovación entre a Comunidade de Países de Lingua
Portuguesa (CPLP) e Europa, calificada como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia.
Está formada por un grupo de cinco mulleres, con formación universitaria en Economía, Administración de Empresas e Filoloxía; e un grupo de colaboradores composto por dous licenciados -en Ciencias Políticas e Língua portuguesa- e dúas empresas de asesoramento, Alvariza e Galipad, das que podedes consultar as súas respectivas páxinas web ao facer click nos seus nomes.
A súa orixe atópase nunha spin off nacida do grupo de investigación GALABRA
da Universidade de Santiago de Compostela, desenvolvida ao longo do ano 2012. O grupo GALABRA é o
provedor de coñecementos, que funciona a modo de laboratorio de I+D, do
que se extrae o coñecemento teórico para convertelo en produtos e
servizos transferíbeis ao mercado. Poderíase afirmar que O know how de GALABRA é a materia prima do proxecto.
Esta empresa divídese en seis grupos de traballo, con obxetos e obxetivos distintos:
- FAZ Edición: lévanse a cabo todo tipo de traballos lingüísticos de tradución, corrección, revisión e edición de textos, así como tamén asesoría editorial e literaria dentro do ámbito da literatura galega e das literaturas lusófonas fundamentalmente.
- FAZ Turismo e Cultura: promove o turismo de experiencia, sustentable e cultural baseado no coñecemento e na interacción real entre o viaxeiro e as comunidades locais. Busca a Innovación en produtos turísticos e asesoría en políticas públicas nas áreas de Cultura e Turismo. Entre algúns destes proxectos atópanse Informes de situación do sector turístico e cultural, Planos estratéxicos e planos de competitividade de destinos e produtos turísticos, Planos de Marketing Turístico ou Planes de mellora competitiva territorial. Un exemplo de destino turístico baseado no coñecemento que dende esta empresa se impulsa é Cabo Verde, aquí podedes consultar as actividades que se ofrecen ou a orientación que se lle deu.
- FAZ Internacional: procura coñecer as necesidades do mercado internacional no campo da consultoría relacionada cos países de fala portuguesa. Serve de ponte aos clientes europeos para estableceren relacións coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, como Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde ou Portugal. Algúns dos proxectos que se levan a cabo son os seguintes: Planos estratéxicos de internacionalización de empresas en mercados emerxentes, Estudos de viabilidade e capacidade exportadora, Estudos de mercado sectoriais dentro dun país ou Asesoramento a traballadores de empresas que saian a traballar a países lusófonos.
- FAZ I + D + I : funciona a modo de ponte entre a universidade e a sociedade, o que fai posible materializar a transferencia de coñecemento nestas áreas. Alguhnas das liñas de traballo desenvolvidas son: Planos estratéxicos de transferencia de coñecemento para universidades, oficinas de transferencia ou áreas de vinculación empresarial, Creación de novos enfoques para conectar coa industria, Asesoramento na creación de spin off ou Deseño, elaboración, presentación e asistencia técnica en convocatorias de Proxectos internacionais, europeos e nacionais de I+D.
- FAZ Optimiza: optimización de "intanxíbeis" para todo tipo de organizacións implicadas no desenvolvemento económico sustentable das rexións. Entre algúns destes proxectos atópanse Planos de Optimización de PEMES e negocios para mellorar a produtividade de tódolos recursos dispoñibles, Estudos de mercado ou Definición de estratexias de dinamización comercial.
- FAZ Formación: formación especializada por sectores, en idiomas, particularmente en portugués. Podedes visitar as páxinas web de dúas plataformas de ensino do Portugués facendo click enriba do nome: Portugués para nós e Portugués no prato.
Para contactar coa empresa:
Edificio Emprendia,
Campus Sur s/n, Cruce Avda. Maestro Mateo- Carretera San Lorenzo.
15782 Santiago de Compostela, Spain.
+34 881 81 55 96.
Un cordial saúdo a todos.
Manuel Luis Martínez Pacheco
No hay comentarios:
Publicar un comentario