O presente blog corresponde a un grupo de investigación formado por varios profesionais expertos en desenvolvemento endóxeno e desenvolvemento local. Este grupo traballa a prol da construción dun mundo social e medioambientalmente máis xusto, ofertando así ideas, alternativas, documentos de interese ou temas de debate para mellorar a calidade de vida da sociedade.
domingo, 13 de octubre de 2013
Hostelling. Visitar, coñecer, aprender, contribuir.
Moitos de vos coñeceredes o fenómeno internacional "hostel". Trátase dunha innovadora idea xurdida a partires do concepto dos albergues xuveniles, sendo moi similares ainda que de caracter, polo xeral, privado.
Complementa a idea dos viaxes baratos ou "low cost" que abundan na actualidade. A idea é coñecer mundo sen necesidade de gastar moitos cartos. Mediante avión, bus ou ferrocarril, sen desdeñar aos que decidan moverse no seu propio automóvil, sitúaste en cuestión de horas na outra punta da túa provincia, país ou incluso do continente. A noite nestes albergues ronda os 10€ e nalgunhas ocasións inclue tamén o almorzo. Iso si, as habitacións son case sempre compartidas polo que, se o viaxe é en grupo, convírtese na opción perfecta. A súa equipación, aínda que moi básica, cumpre coas necesidades daquelas persoas activas que so queren descansar para poñer rumbo cando saia o sol a coñecer os arredores, a cultura e costumes, os bares, as praias, a montaña, os edificios singulares, os deportes e actividades tradicionais...
Todas estas actividades son moitas veces promocionadas polo propio hostel, que se involucra en maior ou menor medida nesta nova modalidade de turismo activo, ampliando a súa carteira de clientes potenciais e obtendo beneficios para desenvolver o seu labor.
Sen dúbida moita xente está interesada en disfrutar dos servicios que ofrece o hostel. Hai algún na túa cidade ou no teu municipio? Crees que pode ser unha posibilidade de futuro? Crees que pode ser unha oportunidade de cara ao desenvolvemento dunha conciencia colectiva?
Coñeces a experiencia do hostelling? Cóntanos a túa!
Se estás interesado en buscar algún albergue deste tipo na rede, contas cun amplio número de webs que ofertan estes servicios:
http://www.alberguesdejuventud.com/
http://www.hostelworld.com/hostels/Spain
http://www.hostels.com/es/europa
Jorge Torres Machado
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario