miércoles, 20 de noviembre de 2013

Innovar: tan complicado coma lento e caro.

Analizando o explicado na clase (e vendo a situación socio- económico actual) cada vez teño mais claro que o futuro pasa pola innovación.

As administracións (dende as locais ata a Unión Europa) queren que os cidadán innovemos, queren que nos inventemos un traballo ou oficio novo que poder desenvolver e deste xeito deixar de pertencer a ese grupo social cada vez mais numeroso: os parados.
Pero... se o estado "fomenta" a innovación, porqué é tan complicado rexistrar unha marca ou un produto?
Aparte da burocracia (complicada e enrevesada na maioria das xestións) temos mais complicacións. Resulta que o rexistro de unha patente pode chegar a tardar ata 36 meses e aínda encima ten un custo salientable (o redor de 1.200 € de media nos páises desenvolvidos) que se incrementa en función do numero de países no que desexes patentar.
O motivo de esta entrada foi unha entrevista que lle fixeron a un xubilado de Madrid. Este xubilado,  de nome Andrés, inventou un ladrillo "autocentrable" con propiedades antisísmicas (non vou explicar mais sobre o ladrillo dado que non e un área de coñecemento que interese neste blog).

Resulta que coa axuda da sua filla (para el era imposible realizar os tramites) despois de ¡3 ANOS! logrou rexistrar a patente (aparte do desembolso económico) e esta sendo estudiado, sobretodo, en iberoamérica.
O meu parecer creo que o problema da non innovación (en España) non é causado pola sociedade senon que os trámites e as "pedras" que podemos atopar no camiño xa nos fan recular aínda que sempre haberá algún caso coma o de Andrés que nos faiga espavilar.


Exemplo de innovación levado a cabo por duas xeografas de Santander  :)

http://cantabria.geografos.org/web/geografas-cantabras-premiadas-en-concurso-europeo-para-jovenes-innovadores/



Kevin Prieto.

4 comentarios:

  1. Vale Kevin, a burocracia sempre é lenta e complexa! Requiere tamén innovación, sen dúbida.
    Pero antes de pensar na patentes teremos que pensar no que imos a patentar; senón comezamos a casa polo tellado.
    Sabes que é a INNOVACIÓN ABERTA?

    ResponderEliminar
  2. Si, pero cando empezas a facer unha casa sabes o que che vai custar o tellado. Non ten sentido empezar a facer a casa se non lle vas poder facer o tellado.
    Ó meu parecer penso que o problema non está na ausencia de ideas innovadoras (se as hai noutros países porque aquí non?) senón que o problema penso que é burocrático; pode haber xente con ideas innovadoras que non dan saída as súas ideas por non ter que pasar por todo o "papeleo" nin poñer unha cantidade de cartos da que non todo o mundo dispoñe.
    Respecto á innovación aberta sei o que lin na versión en inglés da wikipedia a raíz do teu comentario.
    http://en.wikipedia.org/wiki/Open_innovation

    ResponderEliminar
  3. Vale, entón que é a Innovación Aberta?

    ResponderEliminar
  4. Pois basicamente é unha estratexia que utilizan as empresas (sobretodo as relacionadas co I+D+i) para desenvolver novos productos ou servizos. En vez de ter unicamente un departamento de I+D que xenere ideas innovadoras desde dentro para uso da empresa (innovación cerrada), a innovación aberta consiste en innovar a partir de ideas internas pero tamén externas (somo se existira un libre intercambio de ideas entre empresas e traballadores, eu aplico esta idea túa ti aplicas a idea dunha terceira persoa, outra persoa aplica a miña idea, etc.).
    Esta innovación non é algo novo, simplemente nestes últimos anos estase formalizando esta técnica a través de encontros que concertan as empresas, periodos de convivencias, etc. mentres que antes esta innovación aberta non existía como tal, as ideas simplemente "flotaban" no ambiente e dun xeito informal (case sen querer) as ideas fluían entre os traballadores das diferentes empresas (esto dase, sobretodo, en lugares onde a innovación é o motor do territorio como Silicon Valey ou o leste de Alemania).

    ResponderEliminar