Artemisa Gestión de Patrimonio C.R.D.I. S.L. nace coma unha Spin-Off da Universidad de Granada (http://spinoff.ugr.es/). é unha empresa que oferta un servizo integral de xestión do patrimonio cultural no que se inclúen conservación, restauración, difusión, formación e investigación.
Esta Spin-Off conta cun equipo multidisciplinar, altamente cualificado e unha ampla rede de colaboradores que lles permite ter unha visión moito máis completa dos proxectos que desenvolven.
Ofertan unha ampla gama de servizos, englobados en catro áreas: connservación, restauración, difusión e investigación.
- Conservación:
- Inventariado físico e dixital do patrimonio cultural.
- Análise de necesidades das coleccións.
- Medición e control das condición climáticos-lumínicas.
- Labores de correo para exposicións i eventos.
- Transporte, embalaxe e manipulación de obras de arte.
- Planificación museolóxica.
-Restrauración:
- Restauración de pinturas de cabalete e talla policromada.
-Difusión:
- Visitas culturais.
- Exposicións.
- Animación cultural.
- Publicacións.
- Deseño de publicidade: carteis, trípticos, logotipos...
- Talleres, cursos e programas formativos para institucións i empresas.
-Investigación:
- Consultoría e asesoramento.
- Novos produtos de restauración e conservación.
- Estudos histórico-artísticos de pezas, coleccións...
- Recursos dixitais aplicabeis á xestión patrimonial.
- Avaliación de exposicións.
A gama de servizos está dirixida a todo tipo de mercado, en especial a institucións de ámbito público e privado, nos que se atopan coma os seus principais clientes a Universidad de Granada ou o Ayuntamiento de Granada.
Esta empresa está situada na cidade de Granada (c/ La Paz, 3. 18220). Para contactar o correo electrónico é artemisiagestiondepatrimonio@gmail.com e os seus teléfonos de contacto (+34) 666 132 010 / (+34) 669 651 438. Ademais da súa web: http://www.artemisia-patrimonio.es.
Para máis información sobre esta empresa, este reportaxe feito polo Canal Sur Televisión (min 44:08) http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=T0C6QyR5nnk#t=2646s
Raúl Silva
Raúl, como se relaciona esto co desenvolvemento endóxeno?
ResponderEliminar