martes, 14 de enero de 2014

Xornada de conferencias

Boas a todos! Con motivo da asinatura "Planificación territorial: a mirada dos xestores públicos e privados" no marco do Master en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial, o pasado mes de decembro realizaronse varios relatorios na facultade de Xeografía e Historia que aqui vos presento.
En total foron 4 charlas repartidas na semana do 16 ao 20 e o programa quedou do seguinte xeito:

- 1º relatorio.
Conferenciante: Xerardo Estévez, ex alcalde de Santiago de Compostela.
Título: “Labor na alcaldía de Santiago”
Lugar: Sala de profesores na facultade de xeografía e historia
Data:  Luns 16/12/2013

- 2º relatorio.
Conferenciante: Manuel Borobio, director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia.
Título: “Planificación territorial en Galicia”
Lugar: Seminario de xeografía na facultade de xeografía e historia
Data: Martes 17/12/2013
 
- 3º relatorio.
Conferenciante: Gustavo Marcos, físico, un dos creadores do sistema de incubadora de empresas da USC e experto en emprendedurismo.
Título: “Innovación fronte o paro xuvenil”
Lugar: Seminario de xeografía na facultade de xeografía e historia
Data: Mércores 18/12/2013

- 4º relatorio.
Conferenciantes: Daniel Pino, sociólogo e urbanista, un dos fundadores de Consultora Galega S.L. Xosé Costela, xeógrafo e técnico na consultora IDOM.
Título: “A práctica do urbanismo e a ordenación do territorio”
Lugar: Seminario de xeografía na facultade de xeografía e historia
Data: Xoves 19/12/2013

Deixo a vosa disposición unha memoria dos relatorios. Ademais, estas xornadas foron grabadas en video polo que nun futuro estarán a vosa disposición na páxina web do departamento de xeografía da USC ou neste blog.

Un saúdo, Antón Carballo.

2 comentarios:

  1. Moi ben Antón, pero seria bo que inseriras enlaces ao teu relatorio ao respecto.

    ResponderEliminar
  2. Carlos, precisamente deixei un enlace do meu relatorio ao respecto. De feito é o motivo fundamental da entrada. Botalle un vistazo ao último parágrafo.

    ResponderEliminar