lunes, 25 de noviembre de 2013

Future Boston

Boas, o que presento na seguinte entrada non é unha spin-off ou unha empresa xurdida a partir dunha universidade pero si é algo parecido que creo que ten moita utilidade para a poboación. Future Boston é un proxecto de investigación nado no 2007 e levado a cabo por profesionais do department of urban studies and planning do Massachusetts Institute of Technology (MIT) coa intención de mellorar a competitividade da cidade no crecente mercado global mediante a participación dos seus cidadáns. Pretendese tamén con este proxecto mellorar a información sobre a cidade e que a poboación participe no planeamento da mesma.


Dentro deste proxecto elaboraron varias iniciativas:
    · Programas de televisión onde se indaga nas estratexias doutras cidades do mundo e así poder aprender algunha lección para a cidade de Boston. Realizaronse programas de cidades como Dublin, vancouver, Portland ou Seoul.
    · As IdeaJams. Simposios presenciais de forma tamén online onde se discuten ideas para mellorar a cidade e se votan ás mellores.
    · Competitive edge tool. Un visor GIS útil para calquer persoa, onde se pode visualizar aspectos sobre a cidade tales como, áreas industriais e comerciais prósperas (o mellor para saber onde localizar o teu negocio), prezos do solo e da vivenda (saber onde che sae más barato comprar unha casa), calidade de vida por barrios (mellores zonas onde vivir), acceso aos servizos básicos (facilidade para ir a escola ou a un hospital), etc.

    · Boston 2017. Un espazo onde se poden presentar ideas ou proxectos urbanísticos sobre a cidade.
    · Future Boston Prime Time Forum. En último lugar, ao final do proxecto fíxose un foro televisado onde membros do proxecto deron as súas recomentdacións de ordenación para a cidade de Boston nos seguintes campos: saúse, deseño e sustentabilidade.

Non atopei por ningures se esta iniciativa tivo plasmación física e efectiva no territorio, pero dame a sensación de que non. En calquer caso debería ser un proxecto tido en conta polos xerentes da cidade, posto que a cidade é das persoas e merecen participar.

Esta iniciativa non se trata dun proxecto empresarial nin busca nigun beneficio económico, senón que se trata dunha ferramenta ou método de planificación que aporte un servizo útil á sociedade, neste caso a de Boston. Pareceme interesante esta iniciativa posto que se trata dun xeito de involucrar á xente na ordenación territorial, aportandolle información sobre a cidade e capacidade para decidir ou contribuir. Este proxecto nado na universidade transmite coñecimento sen ánimo de lucro, co único fin de servir á xente e á cidade. Pareceme pois adecuado tela en conta como boa práctica, xa que a participación da cidadanía considero que é algo fundamental na planificación territorial e no desenvolvemento endóxeno.

Un saúdo, Antón Carballo.

2 comentarios:

  1. Moi interesante Antón. Cres que se pode replicar dalgún xeito en Galicia?

    ResponderEliminar
  2. Tratase simplemente dunha plataforma online para que a cidadanía participe e colabore na xestión e na planificación da sua vila, aldea, cidade, etc. Claro que se pode aplicar en Galicia, en moitos concellos existen foros web onde os veciños debaten e expoñen a súa opinión sobre temas da vila. Por exemplo, o concello do que son natural ten algún destes foros. O problema é que en moitos casos estes foros non son organizados ou fomentados pola administración local senón que son creados por xente da oposición política ao poder. Creo que, á marxe das liortas ideolóxicas e políticas, este é o problema de que en moitos casos as suxerencias ben intencionadas da poboación non se trasladen á xente do poder, os cales son en definitiva os responsables da xestión da vila e os que teñen que atender ás demandas dos veciños. Internet creo que pode facilitar esa proximidade entre a poboación e a administración, polo que unha boa organización deste tipo de plataformas sería unha boa idea para que todos os actores territoriais estiveran implicados nas labores de xestión da súa propia vila. Un exemplo da utilidade deste tipo de plataformas foi a etapa inicial de "infobrion", que ti ben coñeces porque participaches nela.

    ResponderEliminar