O presente blog corresponde a un grupo de investigación formado por varios profesionais expertos en desenvolvemento endóxeno e desenvolvemento local. Este grupo traballa a prol da construción dun mundo social e medioambientalmente máis xusto, ofertando así ideas, alternativas, documentos de interese ou temas de debate para mellorar a calidade de vida da sociedade.
Mostrando entradas con la etiqueta Quen somos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quen somos. Mostrar todas las entradas
lunes, 14 de octubre de 2013
Luis Pastur Neira
Son Luis Pastur Neira, teño 22 anos e son natural da Coruña onde vivo actualmente. Gradueime en Xeografía e Ordenación do Territorio pola Universidade de Santiago de Compostela onde estudo o Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial. Interésanme a xeografía urbana, a mobilidade, os transportes e a xeografía social e cultural. O meu Traballo de Fin de Grao dirixiuse cara a mobilidade e o urbanismo co título Las relaciones entre el urbanismo y los transportes y posibilidades de transporte sostenible en A Coruña y Santiago de Compostela.
Podes contactar conmigo no email: pasturluis@gmail.com
Manuel Luis Martínez Pacheco
Meu nome é Manuel Luis Martínez Pacheco, teño 24 anos e son natural de A Guarda, ainda que resido en Santiago de Compostela dende fai catro anos. Gradueime en Xeografía e Ordenación do Territorio pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), no meu último ano de carreira elaborei un traballo sobre a definición urbano-rural da comarca do Baixo Miño, así como tamén fixen prácticas durante un mes no Instituto de Estudos do Territorio (IET), Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras. Actualmente realizo estudos de máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial na USC. Podedes contactar conmigo a través do seguinte correo: manuel.luis.martinez.pacheco@gmail.com
domingo, 13 de octubre de 2013
Fernando Paz Valiña
organizado pola U.S.C.
O meu e-mail e ferpazval@gmail.com
jueves, 10 de octubre de 2013
Kevin Prieto
O meu nome é Kevin Prieto García, teño 23 anos e son natural do municipio de Cervo. Na actualidade resido en Santiago de Compostela onde estudio o posgrado de "Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial". Previamente acadei a licenciatura en Xeografía na universidade de Santiago de Compostela, durante a cal realicei unha investigación sobre o desenvolvemento industrial na mariña lucense centrándome no caso de Alcoa.
Podedes contactar conmigo neste correo; kevin.prieto.garcia@gmail.com
Antón Carballo
Xeógrafo procedente da Guarda. Previamente aos
estudos universitarios realiza unha estadía na
University of Manchester. Entre o anos 2009-2013 inicia e completa
o Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio na Universidade de
Santiago de Compostela, presentando como proxecto de fin grao unha
caracterización da paisaxe vitivinícola do Baixo Miño. Neste
período realizou un mes de prácticas no Instituto de Estudos do
Territorio na Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia.
Actualmente cursa estudos de posgrao no Master de Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial na Universidade de Santiago de Compostela. Temas de investigación: pasiaxe, xeografía social e cultural,
ordenación do territorio.
Miguel Ángel Piñeiro Lozano
Se queredes contactar conmigo podedes facelo no seguinte correo electrónico:
miguelanxo1980@gmail.com
Un cordial saúdo.
miércoles, 9 de octubre de 2013
Jorge Torres Machado
O meu nome é Jorge Torres Machado, teño 23 anos e nacín en Narón. Na actualidade vivo case tanto tempo en Santiago como na miña cidade. Son Licenciado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente estou cursando un Máster na mesma universidade basado no estudo da Ordenación Territorial. Para os que teñades algunha dúbida acerca de algunhas das miñas entradas neste blog faládeme en calquera momento ao meu correo: jorgemarea17@gmail.com
Saúdos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



