Boas a todos! Con motivo da asinatura "Planificación territorial: a mirada dos xestores públicos e privados" no marco do Master en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial, o pasado mes de decembro realizaronse varios relatorios na facultade de Xeografía e Historia que aqui vos presento.
En total foron 4 charlas repartidas na semana do 16 ao 20 e o programa quedou do seguinte xeito:
- 1º relatorio.
Conferenciante: Xerardo Estévez, ex alcalde de Santiago de Compostela.
Título:
“Labor na alcaldía de Santiago”
Lugar: Sala
de profesores na facultade de xeografía e historia
Data: Luns 16/12/2013
- 2º relatorio.
Conferenciante: Manuel Borobio, director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia.
Título:
“Planificación territorial en Galicia”
Lugar:
Seminario de xeografía na facultade de xeografía e historia
Data:
Martes 17/12/2013
- 3º relatorio.
Conferenciante: Gustavo Marcos, físico, un dos creadores do sistema de incubadora de empresas da USC e experto en emprendedurismo.
Título:
“Innovación fronte o paro xuvenil”
Lugar:
Seminario de xeografía na facultade de xeografía e historia
Data:
Mércores 18/12/2013
- 4º relatorio.
Conferenciantes:
Daniel Pino, sociólogo e urbanista, un dos fundadores de Consultora Galega S.L. Xosé Costela, xeógrafo e técnico na consultora IDOM.
Título: “A práctica do urbanismo e a ordenación do territorio”
Lugar:
Seminario de xeografía na facultade de xeografía e historia
Data:
Xoves 19/12/2013
Deixo a vosa disposición unha
memoria dos relatorios. Ademais, estas xornadas foron grabadas en video polo que nun futuro estarán a vosa disposición na páxina web do
departamento de xeografía da USC ou neste blog.
Un saúdo, Antón Carballo.