lunes, 18 de noviembre de 2013

Desenvolvemento local, sostible e ecosocialismo.


Son estas tendencias a solución para rematar coas desigualdades e as carencias polas que están a pasar os países de Latinoamérica?
Existen unhos desequilibrios nestes países pero non so de carácter económico senón tamén políticos e sociais. Estos desequilibrios son froito de desafortunadas actuacións no pasado ou malas xestións destes problemas. Pódense destacar os desequilibrios máis comúns como a macrocefália urbana, as desigualdades entre centro e periferia, zonas urbanas e zonas rurais, así como o desigual reparto das terras e o problema que esto conleva na producción agrícola, que en mans de grandes terratenentes, están adicadas a cultivos industriais con fins de exportación, precisando deste xeito estes países realizar importacións dos productos de primeira necesidade.
Como sinalan Carlos Ferrás Sexto e Xoán M. Paredes neste artigo, existen unhos modelos de actuación para correxir os desequilibrios que o sistema capitalista está xerando. Un dos modelos é o desenvolvemento local, onde as institucións locais son a base para a o crecemento económico e a creación de empresas que empregen recursos endóxenos. Outro modelo é o desenvolvemento sostible que trata de utilizar os recursos existentes dun xeito controlado para que os mesmos non se esgoten. Ten este modelo unha base ecolóxica e posúe unha teoría máis social que o desenvolvemento local. O último modelo que se plantexa é o de ecosocialismo ou ecoloxismo popular, o cal basa as súas teorías nas prácticas naturalistas así como empregar do planeta soamente o que é realmente preciso para a supervivencia, presentando deste xeito unha contraposición á abundancia capitalista. Esta corrente é moi atractiva na súa ideoloxía pero se analiza de xeito práctico é bastante utópico; coa situación actual do primeiro mundo é difícil pensar en aproveitar solo os recursos que necesito, está formada unha ideoloxía de consumismo e comodidade da que non se pode saír.
Deste xeito para resumir, creo que o segundo modelo podería ser o máis axeitado para que América Latina comezara a combatir os desequilibrios que presenta e poder deste xeito levar a cabo un desenvolvemento económico e social.

Miguel Ángel Piñeiro Lozano





1 comentario:

  1. Miguel Anxo, e o cambio climático? e cando China consuma como os europeos? e os africanos tamén querán consumir? Cal é o futuro? os recursos naturais son limitados ou non?
    E visto dende Galicia, cal é o noso futuro? relacións co minifundio sostible? marketing territorial?
    Carlos Ferrás

    ResponderEliminar