lunes, 14 de octubre de 2013

Ecosocialismo, alternativa ao desenvolvemento capitalista?


O ecosocialismo xurde como alternativa ao desenvolvemento a finais do século XX. Sen empregar a palabra doctrina, que as veces pódese pensar que dela deriva unha connotación negativa, o ecosocialismo é unha corrente de pensamento e un movemento social e político que se proclama anticapitalista e polo tanto en contra da globalización capitalista neoliberal. Promoven un desenvolvemento medioambientalmente sostible e socialmente xusto, afastándose do ideario produtivista.



James O´Connor afirma que las teorías y movimientos ecosocialista son las que subordinan el valor de cambio al valor de uso, mientras organizan la producción según las necesidades sociales y los requisitos para la protección del medioambiente natural. Su meta, un socialismo ecológico, sería una sociedad racional ecológicamente fundamentada en el control democrático, la igualdad social y el predominio del valor de uso.” Michael Löwy (2004:8)

Esta cita esta sacada do seguinte texto:
Michael Löwy (2004). Que es el ecosocialismo?

Recomendo botar unha ollada ao manifesto ecosocialista redactado por J. Kovel e M. Löwy : KOVEL, J., LÖWY, M. (2009). Un manifiesto ecosocialista

Recomendo tamén botar unha ollada ao artigo escrito por Jorge Riechmann sobre os rasgos do ecosocialismo:Riechmann, J. (2013). Para una caracterización del ecosocialismo en 10 rasgos


Atopámonos actualmente nunha crise profunda dun sistema capitalista obsoleto para as necesidade actuais, que se basa fundamentalmente na acumulación de capital e que non fai máis que provocar aun aumento progresivo das desigualdes e desequilibrios territoriais. Estamos polo tanto, nun periodo de cambio onde as alternativas a este sistema son necesarias. Por iso nestes momentos, entran en xogo alternativas como a do ecosocialismo para defender e reivindicar o que o sistema actual deixou de lado, a sociedade e o medio natural. Lonxe do mundo das ideas, no seguinte texto mostrase que existen casos de posta en práctica a nivel local dos principios defendidos polo ecosocialimo. 



Credes que o ecosocialismo promove unha forma racional e sostible de actuar no territorio? Credes que os principios do ecosocialismo poden ou deben ser aplicados nas políticas de desenvolvemento local en Galicia?

Deixovos tamén unhas charlas sobre o ecosocialismo que poden servos de interese.



                   


Unha aperta, Antón C.

1 comentario:

  1. Antçon, parabéns! moi interesante. Pero ti que opinas de todo esto? e as relacións co cambio climático? leiches a Rifkin? Seria bo que pescudases sobre o capitalismo distributivo E se o futuro non é ecolóxico que pode ser? Tamén sería bo que analizases os documentos que enlazas e ofreces aos teus lectores; que dín e que pensas ti ao respecto?
    Para o caso galego, que opinas do minifundio sostible? e da agricultura familiar? e do turismo alternativo? e das relacións entre o desenvolvemento endóxeno e o ecosocialismo?
    Concordo que o discurso "yupi" sen compromiso non deixa de ser algo banal.
    Que pensas dos indíxenas ao cales Von Humbolt chama indolentes?
    Carlos Ferrás

    ResponderEliminar