jueves, 10 de octubre de 2013

O ecosocialismo como impulsor do benestar

Kronsberg, cerca de Hannover (Alemania) es un barrio ecológico que demuestra que una ciudad también puede aplicar políticas de orden ecológico, revelando que una buena integración urbano-rural puede ser sostenible.

Parece obvio que o sistema capitalista vixente, coas súas previsibles leis internas, non será capaz de reducir as desigualdades sociais, levar os números de desocupación laboral ao cero absoluto nos dous hemisferios, nin dar lugar a unha economía e, por ende, unha sociedade sostible. O máis preocupante é que ditas desigualdades non farán máis que aumentar no S.XXI. E non hai máis que ver como as grandes fortunas crecen mentres o número de desempregados e deshauciados aumenta. ¿Este é o futuro polo que vamos a loitar? Dan ganas de irse, pechar a porta e non volver.
Unha alternativa a este sistema tan despiadado que se foi creando na sombra é unha ideoloxía política denominada ecosocialismo, moi en voga e relacionada, tradicionalmente, coa esquerda. Trátase dun híbrido entre o socialismo marxista e o ecoloxismo personificado en moitos partidos verdes en Europa. Tanto é así que aos seguidores deste ideario terminouselles por chamar "verdirojos". Se queres saber máis acerca do ecosocialismo podes profundizar no tema no seguinte link:
Unha "reestructuración ecolóxica da economía", como di o texto, está lonxe de ser unha utopía. De feito, moitos municipios rurais do mundo adoptaron sistemas similares de autoabastecemento e agricultura ecolóxica. Neste país, sen ir máis lonxe, temos o exemplo de Marinaleda. Tamén en internet podemos encontrar moita información acerca deste pequeno pobo sevillano, respaldado por grandes estudosos, políticos e científicos, e o que é máis importante, pola población do muncipio.
No caso de Galicia, parecería a priori moito máis complicado aplicar un sistema similar, nunha comunidade onde abunda o minifundismo extremo e onde a poboación esta moi avellentada e faltan ideas innovadoras que atraigan inversións, envolto ademáis nunha decadencia xeralizada en Europa nos marcos económico e político. Pero, ¿pode ser ésta unha oportunidade?.
Moitos galegos emigraron e permitiron que Galicia non sexa un país sobrepoboado. Ademáis, as remesas enviadas permitiron certo nivel de desenvolvemento. Na actualidade, incluso os emigrantes ricos rexeitan invertir en Galicia pola súa crisis complexa e multifactorial. Parece que todo está abocado ao desastre inminente.
A pesar de que o campo, incluso os grandes latifundios, non da lugar a enormes fortunas (na actualidade entre as maiores fortunas do mundo ningunha está ligada ao sector agroalimentario), si que da lugar a unha economía sostible e socialmente xusta. O minifundio galego pode ser o futuro, algo envidiable para o resto de países do mundo. Que cada familia poda dispoñer dos alimentos básicos preto da casa, vendendo os excedentes e intercambiando mercancías por medio de cooperativas rexionais conectadas entre elas que permitan que a alimentación sexa unha necesidade cuberta completamente, unido a unha vivenda digna e accesible para todos. Se este sistema da lugar a beneficios, sendo como é de productivo o campo galego, a sociedade do benestar estaría garantida posto que a educación, a sanidade e o transporte serían respaldados por unha enorme masa de poboación traballadora e ilusionada con proxecto de futuro que se sustenta na colaboración e no traballo de todos, que non deixa a ninguén ao marxe e que permitiría a Galicia ser punteira como comunidade que aplica políticas de minifundio sostible.

E ti, crees que este modelo podería ter cabida en Galicia? e en outros lugares do mundo? Podes opinar aquí.

Jorge Torres Machado

2 comentarios:

  1. Moi ben Jorge; enton o capitalismo distributivo e a filosofía do desenvolvemento sostible tería moita razón de ser no minifundio galego tradicional que produce para a alimentación da familia e non tanto para o mercado. Agora os galegos xa non somos dependentes da agricultura e traballamos sobre todo nos servizos; neste contexto o minifundio como se reinterpreta? ollo cos conceptos de valor de uso e de cambio respecto do minifundio; hoxe deixou de ter valor de uso, non cres?

    ResponderEliminar
  2. Carlos, a realidade galega con respecto ao reparto da terra e o seu uso mudou sen dúbida nestas últimas décadas, pero o minifundio segue existindo e debe explotarse a posibilidade de sacarlle proveito, ben sexa mediante políticas públicas locais ou estatais ou mediante inversións privadas ou particulares. Será un dos temas de debate nos próximos anos, moi en relación con cómo evolucione a situación da economía de servizos na que como ben dis nos encontramos. As especulacións actuais rondan a idea da volta do sector industrial, que é o que da máior número de empregos (e o máis contaminante), pero non se debe descartar que sexa sector primario o que medre, ven sexa como un valor de uso ou como valor de cambio.

    ResponderEliminar