martes, 22 de octubre de 2013

TRANSFORMACIÓNS PAISAXÍSTICAS DUN TERRITORIO NUN PERIODO DE MEDIO SÉCULO


 TRANSFORMACIÓNS PAISAXÍSTICAS DUN TERRITORIO NUN PERIODO DE MEDIO SÉCULO


 Unha visión interesante para o análise dun pobo de escaso dinamismo comparando dous momentos históricos con dúas etapas económicas ben distintas; sistema de subsistencia e sistema capitalista. Descartando as modificacións nas infraestructuras, observemos os cambios na utilización do solo.
Nunha Galicia minifundista de carácter histórico temos a oportunidade de explotar as pequenas propiedades, a tempo parcial, como recurso de entretemento, e á súa vez con beneficios productivos.
Queda deste xeito un apetecible tema de discurso... existen moitas explotacións virtuais nas redes sociais, pero, ¿qué pasa coa realidade?
Agardo a vosa colaboración.
     Un saúdo...
               Miguel Ángel Piñeiro Lozano

2 comentarios:

  1. Para ter unha granxa na realidade hai que manchar as mans. Aínda que ter unha pequena horta para autoconsumo dalgunhas hortalizas como tomates, pementos, etc, non é unha mala idea e non require moito tempo; poderíase compaxinar perfectamente cun empleo remunerado. Hoxe en día, para a xente que vivimos na cidade, ter unha hortiña é un luxo.

    ResponderEliminar
  2. Miguel Anxo, se os galegos xa non vivimos da agricultura pero seguimos cultivando as hortas será por tradición cultural. O autoconsumo agora xa non é por necesidade pero podería ser unha fonte de ingresos para o rural? quenes serían os compradores e onde estarían os mercados para os productos da casa?

    ResponderEliminar