jueves, 5 de diciembre de 2013

A pataca de Bergantiños

A verdade é que a pataca da miña zona é moi boa... que vou dicir! pero debe ser certo porque, a parte de ser unha afirmación xeral por parte dos seus consumidores, a súa producción é moi abondante (unha leira pequeniña, dun ferrado mais ou menos, e suficiente para encher o remolque dun tractor), o froito é limpo, de gran tamaño é moi saboroso e utilizanse para a sua recoleccion tecnicas tradicionais.
 Sen embargo, apenas se comercializan. O mercado da pataca na miña bisbarra está acaparado por Coristanco, concello limitrofe co de Cabana de Bergantinos do que eu procedo. A pataca de Coristanco goza dunha importante e merecida fama, pero o curioso é que tal sona se circunscribe a capital municipal e pouco mais, nin sequera se benefician as aldeas mais perifericas do termo municipal. Así as cousas, considero que en relación a pataca de Corisanco existen unha serie de mitos e unha evidente falta de planificación estratéxica. En efecto, non só esta pataca posúe unha calidade extraordinaria, senón tamén a de todo o concello e, en xeral, a de toda a comarca.
Deberíamos, pois, abandonar a marca "pataca de Coristanco", para adoptar a de "pataca de Bergantiños". De este modo, poderíamos beneficiar a máis productores da bisbarra e, ademáis, competir en mellores condicións con outras zonas productoras tanto a nivel galego como internacional.

Fernando Paz

2 comentarios:

  1. Fernando, e por que se chama de coristanco?

    ResponderEliminar
  2. Boas Carlos, perdoa a tardanza en contestar. Eu entendo que a denominación pataca de Coristanco procede sobre todo dunha estratexia de marketing promovida polos grandes comercializadores de patacas (por exemplo, a empresa Prado) establecidos no entorno do núcleo de S. Roque, na capital do concello e que teñen os principais fundos de producción nos arredores desta localidade.

    ResponderEliminar