domingo, 17 de noviembre de 2013

A innovación empresarial no ámbito xurídico

"Hay avogados innovadores e avogados tradicionais, os primeiros son uns valentes, os segundos son os que gañan cartos". Con esta frase, respondía un compañeiro á pregunta ¿Existe innovación empresarial no ámbito xurídico? Pois ben, aínda non estando totalmente dacordo coa contestación do meu colega, si que é certo que é difícil a introducción de técnicas e metodoloxías empresariais innovadoras nos negocios de carácter legal.
Tal dificultade quizáis sexa debida ao estricto corporativismo así como a tradicional rixidez dunha profesión que sempre procurou dar unha imaxe de seriedade que a alonxaba do dinamismo de algunhas iniciativas novedosas. Con todo, últimamente xurdiron numerosas consultorías legais que prestan os seus servizos na rede por medio de diversos métodos de suscripción e tamén diversos buscadores virtuais de normativa, xurisprudencia e despachos profesionais.
Sen embargo, a presenza en internet non significa estrictamente innovación, básicamente porque seguimos a respetar as tres fases tradicionais dos servizos de asistencia xurídica: Contacto co profesional, plantexamento do caso e resolución. Internet únicamente supuso un importante cambio de espacio de traballo (do físico do despacho, ao virtual da rede) pero en esencia, segruimos a facer o mesmo.
Neste senso, desde algunhas universidades internacionais inténtanse atopar solucións para a falta de iniciativas realmente novedosas no despempeño da profesión de avogado e quizais a máis destacada sexa a que nos proporciona a universidade de Michigan (EEUU). En efecto, a facultade de dereito de esta universidade recibiu numerosos premios á innovación, sobre todo pola posta en marcha do programa Reinventlaw (http://reinventlaw.com/main.html) creado na primavera de 2012 por Renee Newman e Daniel Martin Katz, que se dedica a promover a introducción da tecnoloxía e do espíritu empresarial no campo dos servizos xurídicos. Tal proxecto, consolidado xa coma unha spin off educativa, deu lugar a impartición aos profesionais do Dereito de numerosos e exitosos cursos de innovación metodolóxica, así como o desenvolvemento de programas de intercambio e dun laboratorio de emprendimento. O proxecto reinventlaw trata de conseguir que os avogados se convirtan en profesionais integrais que non só manexen con soltura o corpus legal, se non que tamén se movan sen dificultade no mundo empresarial e do marketing.
Outras iniciativas novedosas no campo profesional do Dereito, tiveron unha orixe máis ou menos relacionada co ámbito universitario, cabe destacar entre elas a legalgrind (http://legalgrind.com) unha empresa legal que intenta trasladar a profesión xuridica os métodos de traballo dos restaurantes de comida rápida. Así, cando alguen entra nun café legalgrind, pode escoller un "menu legal" con máis ou menos "pratos".
Cabe tamén destacar outros proxectos como legal zoom (http://www.legalzoom.com), rocket lawyer (http://www.rocketlawyer.com), lawgives (https://lawgives.com) , qualitysolutions (http://www.qualitysolutions.com/, allen & over (yhttp://www.allenovery.com/pages/default.aspx), radiant law (http://www.radiantlaw.com) , obelisk legal (http://www.obelisksupport.co.uk),  DLA piper (http://www.dlapiper.com), co-operative legal services (http://www.co-operative.coop/legalservices/), etc..., todos eles merecedores de diversos premios a innovación por a introducción de numerosas técnicas de traballo que difiren das tradicionais (avogado a domicilio, outsourcing, preparación documental, deslocalización, cooperativismo legal...)

Fernando Paz

1 comentario: