Tal como sinala o título da entrada penso que o ecosocialismo é so unha forma mais de presentarnos o socialismo.
O termo ecosocialismo fórmase a partir de dous termos: ecoloxía e socialismo. O problema que atopo é que o ecosocialismo sitúase mais cerca do socialismo que do ecoloxismo.
Ao meu parecer penso que o ecosocialismo é un socialismo disfrazado que adopta o ecoloxismo como unha forma de alonxarse das ideas que o asocian ás grandes factorías contaminantes que había nos países socialistas (sobretodo altos fornos e siderometalurxias).
Non sería mellor optar por un desenvolvemento sostible? Este tipo de desenvolvemento vela polo medio ambiente e non descuida os problema sociais dado que busca o "desenvolvemento" e non o "crecemento" que é puramente económico.
Ou porque non crear un novo sistema? é posible traballar en conxunto para crear un sistema que sea beneficioso para todos analizando os beneficios e os perxuízos de cada sistema?
Kevin Prieto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario