lunes, 18 de noviembre de 2013

RECURSOS ENDOXENOS NO COUREL, UNHA ESPERANZA PARA O FUTURO???

   Esta noticia ensínanos que sempre aparecen oportunidades de desenvolvemento ata en zonas que dende o punto de vista económíco podemos pensar que están tremendamente lonxe dos eixos de desenvolvemento habituais. Eu considero que está iniciativa non so axuda a aumentar os ingresos e dinamizar un pouco a economía do Courel senon que tamén é util para conservar un paisaxe e un ecosistema. Isto é así porque un ecosistema que non ten uso desaparece, non importa como, nin os motivos, sexa polos incendios, polo urbanismo ou calquera cousa o resultado final e a degradación e desaparición. para isto non hai mellor forma de xestión que o colectivismo imperante na tradición galega. O seguinte enlace mostranos unha noticia dunha iniciativa no Courel.




   Aqui aparece outra mostra das posibilidades que ten o Courel. No seguinte video podemos ver unhas imaxes dunha aldea de turismo rural no Courel: 


   Este é un exemplo de como podemos xerar oportunidades de negocio utilizando os recursos endoxenos dun lugar. Este é un bo exemplo porque mostra o que ten que tender o turismo rural no futuro, este turismo ten que ofertar ocio complementario, ten que ofertar calidade e preparación das persoas que rixen os establecementos. 

BREIXO MARTÍNS RODAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario