En Latinoamérica existen certos desequilibrios estructurarais que deron lugar a diferentes alternativas de desenvolvemento. Así as cousas, aínda que nesta rexión o proceso de crecemento económico seguiu as pautas tradicionais, o que provocou que gran parte da riqueza económica e industrial se concentrase en grandes megalópoles (macrofalia urbana), así como graves desigualdades territoriais e sociais, tamén é certo que se intentaron poñer en práctica certos modelos para intentar frear o tradicional desenvolvemento salvaxe, que procuraban o crecemento de polos económicos de dimensión intermedia máis sustentables.
En definitiva, como manifestan Carlos Ferrás Sexto e Xoán M. Paredes no artigo"Reflexiones sobre justicia social y desarrollo alternativo en América Latina. ¿Desarrollo local, desarrollo sostenible y/o ecosocialismo?" intentouse contrarrestar a lóxica do mercado e da ganancia, empregando tres modelos de desonvolvemento: o local, que intenta mellorar as condicións de vida dunha determinada poboación mediante unha acción concertada cos diferentes axentes socioeconómicos, aproveitando con eficiencia os recursos endóxenos existentes, o sostible, destinado a satisfacer as necesidades do presente sen comprometer as das xeracións futuras, e o ecosocialista. En canto a este último, tamén chamado o ecoloxismo dos pobres, non deixa de ser unha corrente de pensamento político e de acción ecolóxica, que partindo dos postulados marxistas e socialistas, intenta contrarrestar a ideoloxía productivista, compatibilizándoo ademáis coa protección medioambiental.
En efecto, os ecosocialistas admiten que os traballadores e as súas organizacións son unha forza esencial e indispensable para que se produza a transformación radical do sistema e para que se estableza unha nova sociedade socialista e ecolóxica que se opón a un modelo de expansión productiva e de consumo que destrúe o medio natural.
En latinoamérica, este modelo constitué un sistema alternativo, aínda que fragmentado políticamente, de desenvolvemento que busca como fin primordial o da xustiza social, defendendo os valores culturais propios, así como os modos de producción das entidades indíxenas. As traduccións prácticas máis evidentes son as dos gobernos de Bolivia, Ecuador e sobre todo, Venezuela.
Desde o meu punto de vista, o movemento ecosocialista en Latinoamérica, aínda que propón uns principios moi loables, está todavía lonxe de acadar unha unidade de acción nesta rexión, quizáis debido a que aos seus líderes lles custa desprenderse dunha máscara de populismo que os afasta de gran parte da opinión pública, e os achega as maneiras de actuar de certos líderes autoritarios de antano.
Fernando Paz
No hay comentarios:
Publicar un comentario