lunes, 4 de noviembre de 2013

ROOMTAB. Servizo de información turística nado na UPF


Bos días a todos, nesta entrada presento unha idea innovadora convertida posteriormente nunha iniciativa empresarial recoñecida e prometedora, a tableta Roomtab, levada a cabo por estudantes da Universitat Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona .



Esta iniciativa foi apoiada dende o principio polo que sería a incubadora de empresas da UPF, a Unitat d'Innovació-UPF Business Shuttle, que dende 2006 promove a transferencia da tecnoloxía e do coñecemento xerado por esta universidade. Co obxectivo de evolucionar cara unha universidade lider non só en docencia e investigación senón tamén en emprededuría, esta institución presta axuda e asesoramento ás ideas innovadoras xurdidas na comunidade universitaria. Dende o comezo da súa labor numerosas spin-offs e start-up (enlace), maiormente de base tecnolóxica, se puxeron en marcha.

A idea que hoxe presento tratase dunha tableta que xestiona a información dos numerosos servicios que se lle poden prestar a un turista. Dende bares, restaurantes, cines, museos, tendas, excursións, etc. Xurde a partir de catro estudantes de enxeñería técnica de telecomunicacións que: “un día, cansados de esperar ser atendidos en un restaurante lleno a rebosar, cercano al campus de Poblenou de la UPF, pensamos es una carta electrónica de menú para restaurantes que enviara el pedido de la mesa a la cocina”. Crearon a empresa Roomtab Systems, S.L. dsesenvolvendo a tablet Roomtab.




Produto: Tratase dunha tablet que recibe cada turista na habitación do seu hotel. Con ela pode acceder a un determinado servizo e organizar calquera actividade que desexe. Dende xestionar os servicios do propio hotel a servicios externos como obter entradas para unha actuación, reservar mesa nun restaurante, visitas guiadas pola cidade, excursións, etc.
Usuario: Calquera persoa que resida nun dos hoteis (que poden ser consultados na páxina de Roomtab) que contan con esta tablet poden ser os usuarios da mesma.
Cliente/Mercado: O seu mercado e clientes son os hoteis, restaurantes, cines, museos, teatros, etc que desexen participar neste xeito de disfrutar e difundir os servizos. Así, para estes clientes trátase dun xeito de dar a coñecer ao turista os servizos que ofertan.

Contacto:

Barcelona
ROOMTAB SYSTEMS, S.L.
C/Almogàvers, 165
Módulo 202
08018 – Barcelona
Teléfono de atención al cliente:
902 789 453
Oficinas:
+34 935 516 149
+34 935 516 148
info@roomtab.com


Hong Kong
AON CHINA Building
Level 17
29 Queen’s Road, Central
Hong Kong
Móvil:
+852 5661 6185
Oficina:
+852 3978 2319
Fax:
+852 3978 2300

Que vos parece esta iniciativa? Un servizo de moita ou pouca utilidade co que pode contar un turista no seu hotel?  

Apertas, Antón Carballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario