lunes, 18 de noviembre de 2013

ANALISE DO TURISMO RURAL NO MORRAZO, TURISMO RUAL VERDADEIRO???

   Na península do Morrazo temos 11 casas rurais que están dentro do folleto de turismo rural da Xunta de Galicia. Moitos destes establecementos creáronse grazas as subvencións provinte de fondos europeos e da xunta de Galicia que financiaban a restauración de casas rurais no territorio galego como medio de crear unha potencialidade económica no rural galego.
   Estas subvencións foron outorgadas sen unha boa planificación e estudo da demanda existente, o que ocasionou un exceso da oferta de aloxamentos sen que isto repercutira nunha maior demanda, como resultado final viuse como a porcentaxe de ocupación descendera ata o 15% facendo insostible o mantemento de todos os establecementos, tendo moitos deles que cerrar as súas portas.
   Se nos centramos so no caso das casas do morrazo en primeiro lugar temos que destacar a súa localización e situación xeográfica xa que na súa maior parte estas encóntranse moi preto de zonas costeiras, sendo isto un dos seus maiores atractivos. Ademais estas casas non se encontran en zonas rurais senón moi preto de núcleos de poboación relativamente importantes.
   Outro elemento característico de estes establecementos e a súa excesiva focalización cara o turismo nacional xa que nas súas respectivas paxinas web so unha das 11 casas da a posibilidade de acceder a un idioma distinto o castelán o que supón unha gran barreira para a incorporación de turistas estranxeiros.
   Un aspecto importante e como estas casas respectan a tipicidade das casas tradicionais galegas, neste caso, salvo excepcións, as casas respectan ben as características típicas das antigas vivendas tendo en conta que moitos destes establecementos son antigas casas mariñeiras ou pazos moi cerca da costa.
   No que se refire as actividades ofrecidas polas distintas casas rurais temos que dicir que son practicamente nulas xa que na maioría das paxinas web non se ofrece ningunha actividade e nos casos en que si se ofertan e a través dunha empresa privada que non ten ningunha relación co establecemento, o cal non da ningunha facilidade para a realización de ditas actividades. 
   Esta falta de actividades programadas polos propios establecementos e a utilización das costas e das praias como principal reclamo, esquecendo as zonas rurais e forestais que quedan totalmente desaproveitadas, provoca que a ocupación destes aloxamentos sexa especialmente estacional o que e un dos principais problemas do turismo rural galego en xeral, diminuíndo inda mais a porcentaxe de ocupación.
   Por outro lado, e de destacar que estás casas están encadradas dentro da area metropolitana mais importante deste país polo que a consideración destas dificilmente se pode entender como rural, eu diría que son casas rurais nun entorno urbano, pero polo seu emplazamento non pode ser considerado como turismo rural.
   Por último imos reflexar as tarifas medias, as cales oscilan entre os 60 e os 120 euros sen que aia moitas diferenzas entre a temporada baixa e a alta, o que non axuda a reducir a estacionalidade, destaca tamén que dentro desta tarifa non aparece incluído outros servizos como podería ser  as comidas ou o uso de certas instalacións que se pagan aparte, e que non sempre son baratas. Todo isto provoca que non sexa especialmente barato non sendo así excesivamente competitivo.

   En resumen temos que dicir que o turismo rural na península do morrazo pode ser unha actividade económica importante polo seu potencial natural, sempre e cando se ofrezan uns prezos algo mais competitivos e que mediante o ofrecemento dun abanico de actividades mais amplo se poida reducir a estacionalidade  e aumentar así a taxa de ocupación. 

BREIXO MARTÍNS RODAL

5 comentarios:

  1. Breixo; pois tes razón pero o mercado e a demanda seguro que penaliza a oferta. Polo tanto á que se adican realmente esas casas?
    Te propoño investigar o sistema de Bed and Bredfast irlandés na rede. Ali calquera casa pode ofertar o servizo e o cliente pode coñecer a forma de vida local; os prezos son moi variables e para todos os gustos. Parece un turismo rural popular e autentico.

    ResponderEliminar
  2. Os propietarios utilizan as casas rurais como uns ingresos extra das súas rentas normais que non teñen nada que ver con esta actividade. Si buscarei información sobre ese tipo de turismo, que en principio parece positivo porque permite o turista ter unha visión mais real do que é a vida e a cultura dunha rexión.

    ResponderEliminar
  3. Breixo, estou dacordo co tema de que as casas rurais son, polo xeral, pouco competitivas. Onde eu vivo non hai moitas, pero sí que é certo que as veces que mirei destinos para ir cos amigos, encontrabas na mesma zona unha chea de casas rurais, en sitios ás veces cun enorme problema de despoboación! O caso da meseta norte española chámame en especial a atención, posto que en moitos pobos hai unha casa rural a carón da igrexa. Non falla. Pero se son pobos de 100 habitantes, todos igualiños, coa simple diferencia de "cál deles restaurou mellor as súas vivendas". O que quero dicir, que me lío, é que sobreexplotouse a oportunidade do tema do turismo rural. Preferiuse a cantidade en troques da calidade. Poucas casas rurais ofrecen algo coherente co seu entorno, e asistimos a una (perdón pola licencia) mcdonalización deste sector, probablemente pola razón que comentas de que sexa so un mero complemento a unha actividade principal do propietario, polo que o interese pola eficiencia do negocio será menor.
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  4. totalmente de acordo Jorge, o problema e que a este pais chegaron unha inmensa cantidade de cartos de UE para desenvolver o rural pero como non tiñan ideas decidiuse invertir no ``ladrillo rural´´ que é o produto nacional po excelencia

    ResponderEliminar
  5. Breixo, miraches o tema Irlandés na Rede?

    ResponderEliminar