miércoles, 27 de noviembre de 2013

PIIINE. UN PROXECTO SAÍDO DE STARTUP SAUNA




http://startupsauna.com/

Startup sauna consiste nunha organización sen ánimo de lucro, iniciada en 2010 e financiada pola universidade finesa de Aalto, está ubicada fisicamente no espacio de cooworking no campus de esta universidade, na cidade de Espoo, a 10 minutos do centro de Helsinki. Está dirixida a novas empresas do norte e este de Europa, así como de Rusia.
Os seus obxetivos son principalmente, un programa de prácticas para os aspirantes a empresarios para traballar en empresas de alto crecemento, en Helsinki e en Sillicon Valley, un programa de aceleración para startups en fase inicial e tamén a conferencia Slush final, que se ocupa da posta en marcha dos proxectos, reunindo os capitalistas da rexión e os medios de comunicación.

Aquí naceu a empresa que escollin para ser estudiada, trátase dunha ferramenta web de planificación de viaxes por estrada, chamada Piiine. Consiste nun trazador de rutas nas que o usuario elixe o punto de partida e o destino final. Esta ferramenta atopa ó longo da ruta marcada os hoteis, apartamentos e experiencias nun radio que se pode escoller ó longo da estrada a seguir, cun máximo de 50 km. Os negocios atopados por este buscador presentan un enlace-libro dirixido á súa propia páxina web, onde se poden consultar precios, facer reservas e comentar as experiencias vividas. Identifica os hoteis como instrumentos sociais, introducindoos nas redes sociais como Instagram ou Facebook. Se o viaxeiro non ten claro que cidades ou vilas pode visitar o trazador fai recomendacións, podendo incluso modificar a ruta para desviarse, pero sen cambiar o punto de destino.


Os fundadores desta empresa son: Mike Beavers, Kohl Kukushkin, Igor Gerasimenko e Kostya Verso.
A continuación deixo un enlace á súa paxina para o que esté interesado.

http://piiine.com/#/

Un saúdo...
Miguel Ángel Piñeiro Lozano.

1 comentario:

  1. Moi interesante Miguel Anxo,

    Cres algo posible así en Galicia? No Camiño de Santiago?

    ResponderEliminar