lunes, 18 de noviembre de 2013

ECOSOCIALISMO UN ORIZONTE DE FUTURO???

   Para responder a esta pregunta primeiro creo que sería axeitado estudar o resto de iniciativas que se postulan na actualidade para acadar este futuro mellor e diferente. Por un lado está o desenvolvemento sostible e por outro o desenvolvemento local. Estas dúas solucións alternativas son inda mais utópicas, na miña opinión, que o propio ecosocialismo, xa que, as dúas tentan integrar un novo sistema de producción, consumo, propiedade... sen renunciar o capitalismo. Isto é o que ocasionara o fracaso destas dúas últimas iniciativas, xa que, se entendemos un pouco o capitalismo sabremos que este tende a aglomeración, busca a economía de escala e proboca a desertificación poboacional alí onde non establece o seu eixo de desenvolvemento.
   O ecosocialismo pode competir contra os problemas anteriormente citados porque non se compromete coas regras do xogo do capital senón que so se rixe por simples e reais principios de sostenivilidade natural, social e cultural. Estes principios xa foron definidos polo pensador William Morris no Xenesis do Ecosocialismo:


               http://www.ellibrepensador.com/2013/11/18/william-morris-en-la-genesis-del-ecosocialismo/

   Os aspectos sociais e culturais son os que converten o ecosocialismo nun desenvolvemento efectivo para o home e non un desenvolvemento que so pense no capital o no desenvolvemento económico. É o ecosocialismo o que pode permitir a supervivencia da cultura e a tradición campesiña que fuxa dunha producción industrial instaurada no campo. É na Galiza onde mais nos temos que preocupar por este medio de desenvolvemento que se axusta moi ben a minifundista estrutura da propiedade da terra presente no noso país.
   A seguinte frase de Miguel Ángel Núñez resume mui bien estas ideas: ``la raiz de la base productiva está en la agricultura campesina´´. deseguido podemos leer unha entrevista miu interesante feita a esta persoa:

http://www.telegrafo.com.ec/economia/masqmenos/item/miguel-angel-nunez-la-raiz-de-la-base-productiva-esta-en-la-agricultura-campesina.html

   O desenvolvemento do ecosocialismo sempre se tacha de utopía e mais en Europa, sen embargo está dando mostras de que non é así e que a poboación europea e galega están entendendo ben as posibilidades do que ten este sistema. A gran proba disto é o aumento da representación politica que están acadando os partidos que defenden este tipo de economía. no seguinte mapa vemos como xa toda europa conta con organizacións politicas que defenden este sistema:



   Estes confederación de partidos teñen unha gran representación en paises como Alemaña pero na Galiza están a dar mostras de un claro avance no recoñecemento da poboación. Proba disto son os resustados acadados nas últimas eleccións autonómicas pola coalición na que se encadraba EQUO- GALIZA. no seguinte enlace podemos ver a paxina oficial deste partido que defende tanto o ecoloxismo como a identidade nacional propia do territorio no que se presenta as eleccións.





BREIXO MARTÍNS RODAL





No hay comentarios:

Publicar un comentario