miércoles, 23 de octubre de 2013

UNHA SOLUCIÓN PARA OS MONTES DA GALIZA??

          AS CAUSAS E AS SOLUCIÓNS REAIS PARA OS LUMES



   Un dos problemas mais destacados na Galiza ano tras ano son os continuos e devastadores lumes que ano tras ano devastan o noso país. As políticas utilizadas para o control ou prevención dos incendios levada a cabo pola Xunta de Galicia demóstranse mais que ineficaces.
   A pesar dos insuficientes medios de prevención de lumes, a mala coordinación, a falta de persoal etc, este é un problema que ten unhas implicacións e unhas causas que van mais ala que a simple explicación tipica de: ``na Galiza ai mais piromanos que en calquera lugar do mundo´´.
   As causas reais son o abandono do monte, o avance deste pola perdida de superficie de cultivos, e en especial pola nula planificación forestal e a perdida de uso do monte.
   E o último elemento un dos que nos diferencia de zonas como Asturias onde a pesar de ter grades superficies forestáis as superficies queimadas anualmente non chegan, nin de lexos, o nivel galego. Isto débese a que en Asturias os montes si teñen un valor para a poboación rural e non son meros depositos de madeira de eucalipto que so se visita unha vez cada 20 anos.
   Como mostra disto podemos coller os casos das xuntas de montes do morrazo que dende xa fai tempo levan realizando unha moi boa labor de repoboación con especies autóctonas. Despois duns anos de realizar está labor o Morrazo, habitual rexión asolagada polos lumes cada ano, non viu unha soa lapa este verán.
   Isto non sería posible sen a estructura dos montes comunais que durante tanto tempo estiveron menosprezadas pero que na actualidade considerase unha das armas máis importantes contra o lume.
   Na seguinte publicación do Sermos Galiza podemos ler un interesante artigo sobre o tema citado que demostra estes feitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario