martes, 29 de octubre de 2013

Curso en Iniciativa Emprendedora da USC

INVITACIÓN EXPRESA PARA OS ALUMNOS DO MÁSTER EN PLANFICACIÓN E XESTIÓN DO DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL DA USC

No marco da estratexia de alianzas da USC con axentes implicados na promoción do emprendemento, a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) e Uninova, facilitan a realización na USC da acción formativa “Iniciativa Emprendedora”.
 
Esta formación será impartida pola Escola de Organización Industrial (EOI), decana das Escolas de Negocio en España e pertencente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. É experta na posta en marca de empresas, participou na xestación de varios miles de proxectos de empresas tanto dentro como fora de España.
 
Trátase dunha actividade teórico- práctica de carácter gratuíto dirixida principalmente a persoas matriculadas en algún máster da USC.
O proceso formativo consta dunha parte lectiva, de 30 horas de duración, na que se transmiten conceptos imprescindibles para a creación dunha empresa e refórzase con 40 horas de titorización a distribuír entre todos os grupos de traballo.
 
Os módulos a impartir na fase lectiva son: O Ecosistema do emprendedor; Estratexia ; Innovación; Finanzas; Marketing; Operacións; Propiedade Intelectual e Comunicación. Ao mesmo tempo, crearanse grupos de traballo entre os participantes. Cada grupo elaborará un plan de negocio partindo dunha idea de empresa. Durante as seis semanas de duración do curso e coa axuda dun titor elaborarase o plan de negocio. Finalmente realizarase unha presentación de cada proxecto ao resto dos alumnos ou posibles inversores como exercicio práctico de comunicación.
 
Esta iniciativa dará comezo en Santiago, na aula de formación do Edificio Emprendia o día 11 de novembro en horario de  15.00 a 20.00 horas.  As xornadas lectivas terán lugar en novembro os seguintes luns: 11, 18 e 25  e  en decembro os luns 2, 9 e 16.
 
Máis información nos teléfonos: +34 881815593/+34 881815595/+34 881815596
Inscricións no seguinte enlace: http://a.eoi.es/4rvc.
 
 
Rosa  Sánchez Santos

UNINOVA
Edificio Emprendia
Campus Vida, s/n
Universidade de Santiago de Compostela
15782 Santiago de Compostela
SPAIN
Tel.: +34 881 815 596
Fax: +34 881 815 591
web-site:
http://www.uninova.org/
e-mail:
rosamaria.sanchez@usc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario