lunes, 28 de octubre de 2013

ASOCIACIONISMO NO RURAL

Na escola da miña aldea chegaron a ser ata cincuenta alunnos. Cando eu estudiaba alí, eramos sobre trinta rapaces e hai dez anos, cando a pecharon, quedaban só tres nenos. Dende aquel momento, pasou a convertirse en colexio electoral, local social dunha agrupación de baile rexional, centro médico provisional e sede dunha cooperativa leiteira (cuxos membros, paradóxicamente, xa non tiñan vacas) ata que finalmente quedou abandonada. A escola e unha metáfora da propia aldea, que tamén está quedando abandonada, a media de idade ronda os 70 anos e algunhas casas comezan a quedar sen xente.
Como podemos facer para que a aldea rexurda? Hai que ter en conta as características da poboación: Sobre todo mulleres, maioritariamente da terceira idade e con escaso nivel cultural e tecnolóxico. E do entorno: Latifundios abandonados, improductivos, situados nun area eminentemente rural sen atisbos de industrialización e na periferia das cidades máis importantes. É moi bonito dicir: "Hai que fomentar que a xente nova se asente nas vilas e aldeas" "Hai que crear tecido productivo nas zonas rurais" Pero a realidade e ben diferente e hai que adaptarse ó que hai. Pois ben, eu creo que co capital humano que dispoñemos agora mesmo nas aldeas si podemos facer algo, para iso temos que volver ao tema das escolas. As escolas teñen que ser de novo un centro de dinamismo no medio rural, deberían pasar a ser centros de formación da xente que todavía permanece nas aldeas para ensinarlles a perfeccionar eso que eles xa saben, ou sexa, a producir productos agrarios, ou ben manufacturados con materias primas do propio entorno pero aprendéndolles tamén técnicas de mercado. Así as cousas, organizaríamos unha rede de pequenos productores especializados nos recursos propios das nosas aldeas: Carne, verduras, legumes, froitas, fungos... pero tamén, tecidos, utensilios de labranza, orfebrería etc... A escola volvería a ter a mesma función de antano e tamen funcionaría como mercado, e dicir, coa introducción das novas tecnoloxías, dende ese local organizaríanse, vía telemática, os pedidos semanais, podendo habitilarse ademáis un servizo de entrega a domicilio. En definitiva, hai que rachar co individualismo propio do noso medio rural para crear un asociacionismo especializado, por que a clave, está na especialización, non todos poden facer o mesmo, habería que dividir o traballo, co obxetivo de non só conseguir unha mellor eficiencia, senón tamén de obter unha gran calidade nos productos.

Fernando Paz

1 comentario:

  1. Gran idea Fernando, pero quen pode liderar esto? e donde sería posible? en toda Galicia? Como podemos relacionar esto co marketing territorial?

    ResponderEliminar