lunes, 21 de octubre de 2013

DESENVOLVEMENTO ENDÓXENO NA COMARCA DE ORTEGAL



DESENVOLVEMENTO ENDÓXENO NA COMARCA DE ORTEGAL



A comarca de Ortegal está formada polos concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. Trátase dunha comarca que está perdendo poboación paulatinamente. Xunto co envellecemento demográfico que está sufrindo, á par que toda Galicia, presenta unha emigración xuvenil moi elevada hacia zonas de atracción demográfica como poden ser Ferrol, A Coruña e en menor medida as outras grandes cidades galegas.
Para contrarrestar esta sangría poboacional, débense propoñer medidas de actuación para desenvolver económica e socialmente esta área.
Baseándome no carácter agrícola-forestal ademáis da minguante tradición pesqueira que ten esta comarca, vou a plantexar unha breve idea que podería ser viable para a creación de emprego na comarca.
Actualmente existe un gran número de parcelas que están en desuso debido a que a poboación maior non pode dar conta delas e a xente máis nova está fora a causa da pouca rendabilidade.

Exite un gran número de maciñeiras nesta rexión, e na tempada de colleita, son bastantes os efectivos que se adican á súa recolleita. O problema é que é un periodo moi curto o que se adica a esta labor, non xerando beneficios considerables debido ó baixo prezo das colleitas que  poden establecerse entre os 0.09€ ós 0.2€. Este baixo prezo é debido a que todo o producto recollido debe ser transportado hacia Asturias ou hacia Chantada para ser transformado en sidra. Esta factoría de Chantada, é a unica de Galicia que se adica a este procesamento das mazás, polo que non sería irracional pensar na construcción dunha planta deste tipo na comarca de Ortegal.
Centrándome singularmente nos recursos frutícolas e hortícolas propoño a creación de centros de procesamento destes productos, como as mazás no caso das froitas, ou as fresas como representación dos productos de horta. 
Con esta actuación poderíase conseguir un maior prezo nos productos recollidos, e ademáis poderíase xerar emprego tras a estacionalidade de colleitas.
Algún dos productos elaborados que poderían ser viables nestas factorías poderían ser a sidra, con unha gama de sabores, a mermelada de variadas froitas, o marmelo... así como tamén vinagres derivados da sidra.
Outro aproveitamento interesante podería ser o dos fungos comestibles, abundantes nas estacións de outono e inverno, para o seu procesamento en conserva.
Tamén as castañas poden ser un producto interesante para comercializar. Existen algunhas zonas de castiñeiros nesta comarca, pero poderíanse repoboar máis áreas para que as colleitas foran máis proveitosas.
¿É a falta de interese ou a falta de capital a que impide movementos emprendedores nesta comarca?
Estamos ante un punto crucial no que se pode recuperar a actividade nesta rexión ou caer desgraciadamente no total abandono.
Estades invitados a respostar.
Gracias.
Un saúdo,
    Miguel Ángel Piñeiro Lozano.

3 comentarios:

  1. Ortegal, una comarca que cada vez que voy me fascina. Tengo la suerte de vivir relativamente cerca y no paro de descubrir nuevos paisajes. En mi opinión la actividad humana en estos municipios, siempre muy intensa y relacionada con el sector agroalimentario (primero tradicional y luego más modernizado), no ha cesado ni cesará ya que los sectores económicos en los que se ha especializado es difícil que dejen de funcionar. Si que sucede que la mano de obra necesaria para desempeñar estos trabajos ha disminuido y las políticas económicas estatales, supeditadas a las decisiones comunitarias, no han hecho más que agravar esta situación.
    Soy optimista y creo que la posición de esta comarca, actualmente bastante aislada por la falta de infraestructuras que no terminan de llegar, no hará más que mejorar en los próximos años, apoyándose en dos pilares básicos. El primero se sustenta en la actividad económica, que con una serie de políticas que fomenten la implantación de denominaciones de origen, productos de calidad, y unas restricciones a la pesca y la producción agrícola y ganadera más meditada, puedar jugar a favor de favor de la población orteguense. En segundo lugar e igual de importante nos encontramos con la renta de situación. Cerca de grandes puertos como el de Ferrol y del interior de las provincias de Lugo y A Coruña, abierta al mar y con un entorno envidiable, solo son necesarias infraestructuras. La vía rápida que conectará Ferrol con Ortegal (San Sadurniño-Moeche-Cerdido-Ortigueira-Mañón-Cervo) puede ser un acierto a la hora de atraer población joven para vivir y trabajar, asi como empresas que buscan un entorno menos contaminado y más atractivo. Para ello la comarca cuenta también con la linea de ferrocarril FEVE, que en mi opinión debería fomentarse.
    En definitiva, si bien queda mucho trabajo por hacer, insisto en mi optimisto acerca del futuro de este territorio tan especial.

    ResponderEliminar
  2. Gracias polo teu comentario Jorge, estou moi de acordo nas posibilidades que pode ter esta comarca coa mellora das infraestructuras viarias, o que achegaría á poboación aquí residente ás áreas de maior movemento económico como pode ser Ferrol ou Narón.
    Cun menor coste de tempo no desprazamento a xuventude poderíase permitir quedar na comarca e deste xeito comezar a repoboar esta área tan envellecida.
    Comparto o teu optimismo pero todavía queda moito camiño por andar.

    ResponderEliminar
  3. Vale, de acordo. Agora compre pensar como podemos facer esto das mazás, castañas, fungos??? Lembra o que falamos en Emprendia; Hai que... Hai que... Pero como, cando, de que forma,...

    Quen pode liderar un proceso de cambio no Ortegal?

    Mira na Rede algún caso de éxito pois podería ser interesante comentalo

    ResponderEliminar