lunes, 14 de octubre de 2013

Desenvolvemento endóxeno = autarquía?

O desenvolvemento endóxeno é un concepto do cal se está a falar cada vez mais dentro da nosa sociedade. Algúns autores refírense ao desenvolvemento endóxeno coma a meta á que ten que chegar a nosa sociedade, alonxándose do modelo de desenvolvemento capitalista que está a imperar actualmente na maioría do mundo.

Vendo o que significa o desenvolvemento endóxeno non podo evitar en pensar que ten certa similitud con outro concepto de desenvolvemento como é o da autarquía. Este sistema económico foi "abrazado" por varios países no historia contemporánea (a Alemania de Hitler, a España de Franco entre 1939 e o 1959, a Albania comunista, etc) que solían rexirse por un réxime autoritario. Tamén teño que sinalar que en moitos casos os países que adoptaban o modelo autarquico era por obragación dado que sufrían bloqueos económicos ou non tiñan relación co resto de países do seu entorno.

É o desenvolvemento endóxeno unha autarquía evolucionada? evitan os investigadores a usar o termo autarquía porque estivo asociada a gobernos autoritarios (coma se tivera unha connotación negativa)?


Adxunto enlace sobre o fracaso da autarquía en España durante o réxime franquista.
http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/5926/1/PYM_05_12.pdf


Kevin Prieto

No hay comentarios:

Publicar un comentario