miércoles, 16 de octubre de 2013

RELACIÓN ENTRE O ECOSOCIALISMO, O MINIFUNDIO E A EMIGRACIÓN




   O desenvolvemento dunha rexión debe basearse, en primeiro lugar, nunha identificación dos principais problemas que pode ter un territorio para acadar ese progreso que mellore as condicións de vida da poboación.
Según as tres lecturas realizadas podemos identificar os seguintes problemas, inda que sería posible aumentar a lista:
    A mala preparación da poboación rural que ten que ser a encargada de xerar ese proceso de desenvolvemento pode ser un claro problema para un correcto crecemento. Isto observase o comparar a situación das cooperativas irlandesas coas galegas onde a maior preparación da poboación irlandesa relacionase cunha mellor prosperidade económica. Este sería un dato a ter en conta a hora de trasladar este desenvolvemento a escala local, que non desenvolvemento local, a latinoamerica.
    Mala estruturación da propiedade que pon impedimentos o desenvolvemento. Caso galego que se contrapón co irlandés cunha estrutura mais favorable que xera unha maior produción con menos custes.
    Escasa diversificación das explotacións que permite obter mais fortes de ingresos e supón un soporte ante os inconvenientes que poden surxir en relación a un produto determinado. Como en casos anteriores o caso irlandés é un exemplo de diversificación que permite entender o mellor funcionamento do agro irlandés.
    É importante tamén destacar a innovación como elemento imprescindible para obter beneficios e competir cunha ou outra estratexia co mercado globalizado onde a produción masiva impide o desenvolvemento de alternativas e novas rexións prosperas. Este tema relacionase co dito no primeiro punto, xa que, se o pretendido e un desenvolvemento endóxeno e imprescindible unha correcta preparación da poboación local.
    E necesario o afondamento no cooperativismo que é o sistema de desenvolvemento mais axeitado para o equilibrio entre o crecemento económico, o equilibrio territorial, a sustentabilidade, a xustiza social e a identidade colectiva.
    En relación o punto numero dous cito tamén o inconveniente dunha estruturación da terra que afonde nas desigualdades o xerar grandes terratenentes propietarios da terra e dos medios de produción que, como soe ser habitual, non xeren un valor engadido a produción dedicándose a simple acumulación de capital, buscando rendemento mediante a explotación da poboación e non mediante a innovación, dedicando ademais esas rentas a un consumo suntuario que non beneficia a economía local. Se ben e certo que este aspecto non e importante nos casos galegos e irlandeses si sería preciso plantexalo no caso de que se pretendan aplicar estas medidas no continente americano.
    Outro problema existente tanto na sociedade galega como no caso americano e o continuo éxodo do rural que reduce o numero de individuos cualificados necesarios para a modernización do agro. Este elemento tan prexudicial, tamén se pode entender como un elemento beneficioso se temos en conta as inversións económicas que poden provir de emigrantes relacionados con ese mesmo éxodo rural. Isto é un elemento a ter en conta, xa que, estás fortunas estranxeiras teñen lazos afectivos espaciais que poden romper a lóxica do libre mercado eliminando os inconvenientes que as rexións rurais galegas, irlandesas ou americanas terían o competir con territorios mellor posicionados. Neste sentido podemos identificar algúns elementos que poden impedir a inversión dos retornados nos seus países de orixe.
1. Perda de identidade o ser xa a terceira xeración de emigrados.
2. Desprezo por unha cultura que eles consideran atrasada e causa fundamental de que eles ou os seus predecesores tiveran que abandonar a súa terra natal.
3. Descoñecemento das autoridades do potencial que supón atraer este capital cara unhas economías con serios problemas económicos, sociais e mesmo culturais.
4. Mala planificación dos investimentos que si se realizan pero que, como xa pasou na Galiza, estaban mal dirixidos. Na actualidade móstrase nas grandes inversións suntuarias que estes individuos realizan nos seus territorios de orixe e que correctamente dirixidas poden xerar un gran aporte para a economía destes países.
5. Escaso nivel cultural dos emigrados que impide ver algún beneficio na inversión de capital nestas zonas. Ademais esta escasa preparación pode impedir a asimilación da nova cultura galega fronte a imaxe de rexión atrasada de outros tempos.
Identificados os problemas é necesario pesar nas medidas que mais se axustan o modelo de desenvolvemento que se pretende aplicar. Este modelo non debería ser o do simple desenvolvemento local integrado dentro da lóxica do capitalismo debido a que sería irracional e incongruente coa propia filosofía do desenvolvemento endóxeno e coa sostenibilidade real do planeta.
O modelo a seguir sen dúbida algunha, dende a miña perspectiva, é o do ecosocialismo que incorpora un real modelo de sustentavilidade pero sen esquecer elementos tan importantes en sociedades rurais como a innovación, a cultura e sobre todo o coñecemento indíxena. Este último punto é un dos mais importantes xa que mostra a necesidade do equilibrio entre as novas tecnoloxías que deben mellorar o rendemento dunha cultura e unha ``ética tradicional´´ do agro, non entendida dende posturas ideolóxicas senón meramente de relación coa terra e co territorio. Isto mostrase en como as explotacións gandeiras que funcionan e teñen uns beneficios suficientes para asegurar o seu futuro son as que utilizan o recurso do territorio como lugar de pasto dos animais sen recurrir a pensos artificiais que son custoso e xeran unha maior desconfianza no consumidor.


BREIXO MARTINS RODAL

2 comentarios:

  1. Breixo, pero ecosocialismo pode existir nun sistema minifundista como o galego onde todos somos propietarios de terra? pensa no valor de cambio da terra en Galicia; xa non ten valor de uso; todos queren gañar plusvalías por urbanización oun compra e venda. Que opinas?

    ResponderEliminar
  2. Na miña humilde opinión, non é que poida existir, é que eu creo que os valores do ecosocialismo son os que mellor se adaptan a estrutura da terra galega xa que para explotar esta e necesario unha cooperación e un colectivismo que son as bases do ecosocialismo. Ademais, considero que a estrutura do campo galego contribuíu a preserbar unha cultura, e sociedade que o ecosocialismo ten que preservar, OU MANTER, xa que o sistema agrario galego era un dos mais eficaces e sostibles, polo que, pode dicirse, que na Galiza o ecosocialismo levamos séculos practicandono.

    Que os galegos do campo buscan plusvalías coa urbanización? si, é certo, os galegos do campo, os galegos das cidades, os madrileños ou os de malaga. Isto non é un problema do campo galego, é un problema da mentelidade capitalista que ten que ser substituida pola mentalidade propia do común, colectivo e social, é aquí onde o ecosocialismo ten que actuar. É tamén por este motivo polo que os outros sistemas non os considero balidos, xa que, o desenvolvemento sostible dentro do propio capitalismo é a verdadeira utopía.

    ResponderEliminar