miércoles, 23 de octubre de 2013

UN FUTURO PARA UNHA NOVA RELACIÓN CO TERRITORIO?

  EMPRESAS PRODUCTORAS DE GAS LARANXA, NAPAL E                                LEITE PARA AS ESCOLAS!!!!!

   No mundo de hoxe podemos apreciar na sociedade unha gran desconfianza nos productos de consumo básico. Estas preocupacións están mais que xustificadas como podemos apreciar no documental que poño no link do final desta entrada. Este documental ademáis de tremendamente interesante, xa que nos fai comprender un pouco mellor como funciona o mundo capitalista actual, pon de manifesto todas as practicas perxudiciais que a industria alimentaria utiliza na creación dos productos que consumimos. Como non, estás practicas son mais abusivas dependendo do poder que en cada pais teñan as grandes corporacións dentro da estructura politica, economica, xornalistica etc, e dicir, que os estadounidenses neste caso o teñen complicado.
   Agora ben, temos que darlles as grazas a estas corporacións por xerar esta desconfianza na poboación??? eu digo que si, esta desconfianza propia dun sistema xa rancio xera unha nova oportunidade para outros tipos de agricultura mais ecolóxica. Isto é así porque a desconfianza nos productos industriais fai aumentar a demanda dos produtos ecolóxicos.
   Con todos estes antecedentes eu considero que é o momento de crear novas empresas que dean resposta a unha demanda crecente. Isto ira acompañado dunha nova relación co territorio e co medio ambiente.

RECOMENDO ESTE DOCUMENTAL ENCARECIDAMENTE:

http://www.youtube.com/watch?v=Bkr-paaAYJ8


BREIXO MARTÍNS RODAL

2 comentarios:

  1. Vale Breixo, pero como?, quen pode liderar o cambio e a creación desas empresas alternativas? O campo galego está en descomposición; os mozos e mozas son escasas e os vellos xa non están para cambiar nada; non cres?

    Como sería posible unha estratexia de marketing territorial estratéxico para o rural galego? imposible? ou posible?

    ResponderEliminar
  2. Total e absolutamente posible, considero que Galiza esta xa o suficiente madura para acadar esta renovación do sector. O rural galego ten xente que un alto grao de estudos, proba disto son moitos dos meus compañeiros. E necesario unha politica de incentivos e unha boa planificación en amplos sectores económicos para que os xeves que hoxe teñen formación non abandonen o agro galego e posiviliten ese proceso de renovación e dinamización economica que atraera nova poboación o campo galego.

    ResponderEliminar